lunes, 30 de marzo de 2020

AS PAISAXES. CIENCIAS SOCIAIS. 2º

Bos días, hoxe imos a ver un tema novo de ciencias sociais. A paisaxe, ide lendo un pouco as fichas que vos poñemos aquí e logo faremos un par de exercicios relacionados co tema.  esperamos que todos vos e as vosas familias vos atopedes moi ben de saúde. unha aperta. Esperamos vernos pronto.
Os profes de segundo.







martes, 24 de marzo de 2020

Os dejamos unas fichas de repaso de todas las materias. Un saludo.

Hecho con Padlet
Bos días, hoxe imos traballar un pouco de lingua galega, podedes ver dúas páxinas de vocabulario novo, unha con graos de parentesco familiar e outra con nomes de insectos.
Tedes que lelas con atención e facer con estas palabras unha oración con cada unha, que teñan como mínimo 5 palabras.  Lembrade, maiúscula inicial, atención a ortografía, especialmente das palabras novas, e colocade punto ao final das oracións. Unha aperta e seguide lendo e practicando con:   matesdeprimaria.es.


Para rematar, aproveitade a ficha dos insectos para facer  alomenos un deles a tamaño xigante, colorealo e logo recortalo, para facer un traballo de plástica. 
Poñédelle o nome do insecto e o voso pola parte de atrás.
Quedádevos na casa, sede obedientes e colaborade coas tarefas da casa. 
 Os  profes de segundo.

lunes, 23 de marzo de 2020

Exercicio resumo do tema dos seres vivos.



Aqui tedes os exercicios correspondentes ao tema dos Seres Vivos. Non fai falla que os imprimados ou os copiedes completos, ainda que se o facedes, mellor. Basta con que escribades as respostas nunha folla ou libreta, xunto co voso nome e  a data,  logo os gardades cos demais exercicios.  Estade atentos a este blog, onde iremos poñendo mais exercicios e temas para que poidades seguir traballando dende a casa, un pouco cada día. Unha aperta a todos. Os profesores de segundo.






















Hola, bos días! Esperamos que todos sigades ben e desexamos que esto remate canto antes. Agora imos a estudar un pouco, Tedes que ler con atención o tema de Ciencias Naturais e tentar recordar o seu contido, a clasificación dos animais, polos seus osos, polo seu desprazamento, pola súa reproducción.... Ao rematar tamén tedes que estudar as características das plantas, o seu ciclo de crecemento e as súas partes. Logo colgaremos algúns exercicios para practicar o aprendido.
Non vos esquezades de seguir lendo cada día e seguir practicando as matemáticas coa aplicación, matesdeprimaria.es. Unha aperta a todos.