martes, 24 de marzo de 2020

Bos días, hoxe imos traballar un pouco de lingua galega, podedes ver dúas páxinas de vocabulario novo, unha con graos de parentesco familiar e outra con nomes de insectos.
Tedes que lelas con atención e facer con estas palabras unha oración con cada unha, que teñan como mínimo 5 palabras.  Lembrade, maiúscula inicial, atención a ortografía, especialmente das palabras novas, e colocade punto ao final das oracións. Unha aperta e seguide lendo e practicando con:   matesdeprimaria.es.


Para rematar, aproveitade a ficha dos insectos para facer  alomenos un deles a tamaño xigante, colorealo e logo recortalo, para facer un traballo de plástica. 
Poñédelle o nome do insecto e o voso pola parte de atrás.
Quedádevos na casa, sede obedientes e colaborade coas tarefas da casa. 
 Os  profes de segundo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario